Axúdanos

Dende a directiva da ANPA A OLIVEIRA queremos enviarvos un saúdo no comezo do curso 2016/2017 e darvos a benvida a tod@s: nais, pais, titoras e titores, profesorado, dirección e persoal do centro tanto novos no centro como os que seguides no mesmo.

Estar asociado á ANPA é moi importante para seguir obtendo obxetivos que melloren o noso colexio, as súas actividades e a convivencia entre todos. Por iso pedimos a vosa colaboración, tanto á hora de facerse socio, como para a asistencia ás asambleas que convoquemos.


Podedes facervos socios da ANPA A OLIVEIRA pagando unha cuota anual de 15 euros por familia (17 SI SE REALIZA FORA DO PRAZO INCIAL DE COMENZO DE CURSO) Facéndote socio disporedes dun carnet con descontos en varios comercios do Porriño, os/as nena/os poderán participar nas actividades extraescolares que se desenrolan durante o curso escolar, disporedes de actividades conxuntas (escursións,...) e moitas máis novas que iremos construíndo entre todos e coa túa axuda.
 

Tamén nos gustaría que nos fagades chegar calquer suxerencia (tanto si es socia/o da ANPA coma se non), mellora ou crítica constructiva que nos axude a mellorar. Podes contactar con nós por correo (anpaaoliveira@gmail.com), por whats, ou por teléfono (658 850 510 (lu. a ve. 17:00 a 19:00 horas)), aínda que as veces este medio témolo olvidado debido as ocupacións persoais que xorden. Podedes cubrir tamén o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo: