AVISO ÚLTIMA HORA 05/07/13
PUBLICADOS NO TABOLEIRO DO COLE (ENTRADA PRINCIPAL) E NO BLOGUE
RESULTADOS PARTICIPANTES NO BANCO DE LIBROS.
Listaxes banco de libros
AXUDEMOS ENTRE TODOS A LUCAS
Axuda a Lucas
Gala benéfica patinaxe
Agradecemento
Información sobre campamento de verán: Veciñeando
Campamento Veciñeando Porriño 2013
FESTA FIN DE CURSO
Este ano tamén organizamos o banco de libros.
Banco de libros
FESTA FIN DE CURSO
Houbo festa de fin de curso o Sábado 8 de Xuño entre as 10:30 e as 13:30 horas. Consultade toda a infromación no seguinte enlace:
Festa fin de curso
ACTIVIDADES ABRIL 2013
Houbo novos cursos para todps: nenos, nais e pais:
- CALCETAR COS DEDOS
- ELABORACIÓN XABÓNS LÍQUIDOS
Podedes atopar máis información no seguinte enlace:
Novos cursos Abril 2013
ACTIVIDADES MARZO 2013
Dende a ANPA convidámosvos no mes de Marzo a colaborar nunha serie de obradoiros e actividades dirixidas a fomentar a reciclaxe, a ecoloxía e o medioambiente. Para comezar propoñémosvos estas actividades . Esperando que vos gusten estamos a preparar outras novas como unha andaina polo contorno do Concello e máis novidades que vos iremos contando. As actividades foron:
CURSO ELABORACIÓN DE XABÓN - VERNES 15 DE MARZO DE 18:30 A 20:30 H.
A finalidade do curso é aprender a formular e elaborar xabón natural.
DIRIXIDO A TODOS OS PAPÁS OU MAMÁS QUE QUEIRAN ASISTIR.
PREZO 5 €.
A RECICLOTECA – VENRES 15 DE MARZO DE 16:30 A 18:30 H.
Os peques poderán ver como a partir de cousas que xa están para tirar se poden converter en algo útil outra vez.
CURSO DIRIXIDO A NENOS/AS.
OS NENOS DE 3 , 4 E 5 ANOS (INFANTIL) ACOMPAÑADOS OBRIGATORIAMENTE POR UN ADULTO.
PREZO 2€.
Podedes consultar aquí o folleto que preparamos destas actividades
Receita de carnaval
Podedes consultar unha espectacular receita de carnaval (para chuparse os dedos).
Receita de filloa
Traballos visita ó zoo
No seguinte enlace podedes ver os traballos finalistas dos nenos que foron á excursión que fixemos ó zoo.
Traballos finalistas visita ó zoo
Nadal 2012
Concurso de postáis de Nadal
Técnica libre. Todos os traballos foron entregados ós profes i expostas na planta baixa do colexio.
Houbo un montón de premios en todas as categorías e as postais gañadoras podédelas ver nas seguintes imaxes:
Durante o mes de Xaneiro e Febreiro puideron recollerse as fotos de Nadal.
10x15 = 1 €
|
15x20= 2 €
|
20x30= 3,50 €
|
Nadal 2012
Día 21 de Decembro Festa de Nadal
** Pola mañán estarán as súas Maxestades os Reis de Oriente no cole cos nenos.** Pola tarde ás 19:00 horas no Centro Cultural poderemos disfrutar da obra de Teatro musical infantil - "A HISTORIA DE MARTIN".
** Ó rematar farase un sorteo moi especial con todos os agasallos cedidos polos comercios colaboradores coa finalidade de premiar a fidelidade das familias socias.
Nadal 2012
II Certame de Belenes
Os nenos e nenas de Barro e Pintura co profe Ricardo fixeron un nacemento que estará exposto na vila do Porriño.Durante o Nadal puidemos visita-lo Belén dos nosos nenos na Casa Consistorial de Porriño, segundo indicou a web do concello:
Nova do concello sobre os Belenes en O Porriño
Nadal 2012
Cabalgata de Reis
Convidamos a todos os nenos e familias a formar parte do séquito das carrozas reais que acompañan os Reis Magos. O vestuario será moi sinxelo. Se queredes participar poñédevos en contacto con nós. PRAZO MÁXIMO LUNS 17 DE DECEMBRO.Nadal 2012
Zoo
Todos os nenos e nenas que fostes o zoo podedes deixar no buzón o voso debuxo, ou a vosa experiencia (que animal é o voso preferido, cal vos impresionou máis, que animal che gustaría que estivese no zoo, e porqué, etc), ou a vosa opinión. Haberá un agasallo para os máis orixináis.Nadal 2012
Campaña de recollida de xoguetes
Como todos os anos pedímosvos a vosa colaboración nesta campaña humanitaria, proponédovos que os vosos fillos aporten aqueles xoguetes, libros ou material escolar do que pidan prescindir e que estean en bo estado, evitando a ser posible xoguetes incompletos e de moitas pezas. É necesario que NON veñan envoltos en papel.É importante transmitir ós nenos que NON se trata de mercar, senón de compartir algo do que temos, para levar un pouco de felicidade a outros nenos. O prazo de recollida de xoguetes remata o xoves 13 decembro. Os xoguetes grandes pódense deixar na biblioteca do cole ese mesmo día pola tarde de 16:30 a 18:00.
02/12/2012
Visita guiada a VIGOZOO
O Domingo 02 de Decembro de 2012 temos prevista unha visita guiada ao Zoo.O autocar sairá do centro escolar ás 10:45 horas e regresaremos ás 14:00 horas
Inscripcións: por orde rigurosa de inscrición
Prazo: Xoves 22/11 e Venres 23/11 no local da ANPA de 17:00 horas a 18:30 horas
Documentación: carnet de socio e importe exacto
NOTA: se alguén non pode realizar a inscrición no horario indicado que se poña en contacto con teléfono da ANPA 658 850 510 de 17:00 horas a 18:30 horas
02/12/2012
Mercadillo de inverno no CEIP Plurinlingüe de Atios
A ANPA Santa Eulalia de Atios convídanos a todos os socios o seu MERCADILLO DE INVERNO o Domingo 02/12/2012 dende as 11:00 h. ata as 19:00 h.No mercadillo atoparémonos con barro decorado a man, repostería caseira, prantas, etc. (por cada 10 euros de compra nos distintos postos agasallo dun chocolate con napolitanas)
ACTUACIÓNS 12:30 h. GRUPO DE TAEKWONDO
13:00 h. GRUPO DE BAILE MODERNO de INFANTIL E PRIMARIA
17:00 h. GRUPO DE PATINAXE
Resumo de circulares
Maio 2013Nota informativa 13 Maio 2013
Gran festa actividades extraescolares
Marzo 2013
Nota informativa 21 Marzo 2013
Febreiro 2013
Circular 28 Febreiro 2013
Circular 06 Febreiro 2013
Xaneiro 2013
Circular Xaneiro 2013
Circular 08 Xaneiro 2013
Asamblea ordinaria 1
Nota informativa 25 Xaneiro 2013
Nadal 2012
Circular actividades Decembro 2012
Outono 2012
Oferta de actividades extraescolares