Qué é un ampa

Unha ANPA é unha asociación integrada por pais e nais do alumnado do colexio no que se atopan os/as seus fillos/as. A pertenza a mesma é voluntaria e pódese permanecer como asociado/a durante todo o tempo que os/as nosos/as fillos/as permanezan no centro.
A ANPA é unha ferramenta fundamental de participación dos pais e nais na comunidade escolar.

Dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos “A Oliveira” queremos axudar a mellorar a calidade da educación dos nosos fillos. Este reto non depende só do profesorado das escolas, senón que os pais deben involucrarse, porque nestes primeiros anos do ensino será onde se formen os futuros adultos que serán os nosos nenos e nenas. Para acadar esa educación de calidade, académica e humana, a ANPA fai un chamamento a tódolos pais e nais do alumnado para que se acheguen a esta gran familia que é esta asociación: a vosa colaboración é imprescindible. Lembrade que a ANPA é, sobre todo, o mellor vínculo de comunicación entre todos e todas: pais/nais, profesorado…
Dende a ANPA colaboramos nas actividades educativas a través de:
·         Organización e xestión das actividades extraescolares.
·         Organización de actividades complementarias: festas de fin de curso, excursións, concursos,...
·         Representar aos pais e nais no Consello escolar.
·         Fomentar a participación da familia na vida do centro.
·         Colaborar co profesorado e o alumnado para acadar un bo funcionamento do centro.